Ir ao contido principal

Tecedoras de memoria: desenterrando historias de vida das fosas franquistas de Galicia (2021-2024).

Uxía Otero González e Conchi López Sánchez, doutoras en Hª Contemporánea e parte do GI HISTAGRA, foron convidadas polo Foro Social da Mariña para falar do PMD (2021-2024) dende unha perspectiva de xénero.

No marco do Plan de Memoria Democrática (2021-2024), un equipo transdisciplinar da Universidade de Santiago de Compostela traballa na recuperación das vítimas do franquismo en Galicia. Desde a Historia, a Arqueoloxía, a Antropoloxía Forense e a Xenética, escavamos fosas, identificamos restos, tecemos historias de vida e sinalamos lugares de memoria. Como historiadoras do grupo de investigación HISTAGRA, queremos compartir o noso método científico e as fontes das que bebemos, facendo fincapé na transcendencia das testemuñas orais e poñendo o foco nas pegadas sartoriais, é dicir, restos materiais vecencellados á vestimenta. Que nos contan as solas de zapatos, as fibelas ou os botóns? Como nos axudan a comprender o impacto da violencia, as diferenzas de xénero, as distincións de clase ou a relixiosidade? Nesta palestra tiraremos do fío das «memorias sartoriais» para achegarnos, de maneira próxima e corpórea, a un pasado incómodo, doloroso e sanguento, do que inda queda moito por investigar e divulgar.